martes, 10 de noviembre de 2015

Guerra de Independencia

A principios do século XIX, a monarquía de Carlos IV estaba moi desprestixiada polas figuras que o apoiaban no goberno, en especial o seu valido Manuel Godoy. A causa do seu poder, Godoy conseguiu ganarse a enemistade do pobo, da nobreza e da Iglesia por estar sometido ós intereses de Napoleón. No ano 1805, España saiu derrotada na Batalla de Trafalgar fronte aos ingleses e 2 anos máis tarde o propio Godoy firmaría o Tratado de Fontainebleau con Francia, o que permitía a entrada do exército napoleónico en España co pretexto de invadir Portugal. Pouco despois, comezarían as conspiracións contra o goberno e en marzo de 1808, prodúcese o motín de Aranjuez que obligou a Godoy a renunciar ó seu cargo e a Carlos IV a abdicar. Logo, nas conocidas como as abdicacións de Bayona, José Bonaparte irmán de Napoleón, convertiríase en José I de España. Así daría comezo a Guerra de Independencia.

Os franceses intentarían instaurar un sistema inspirado nos principios do liberalismo político (Estatuto de Bayona) pero nin os franceses, nin José I estaban ben vistos polos habitantes españois, xa que non confiaban nas súas intencións e defendían as súas cidades loitando se era necesario. Napoleón calculou mal o esforzo que lle supoñería invadir España. En xullo de 1808 as tropas francesas foron derrotadas en Bailén polo que José I viuse obrigado a abandoar Madrid e as tropas francesas a retirarse ó norte ata que Napoleón volvera con máis homes a recuperar a capital. Durante a rebelión, formáronse xuntas que pediron axuda militar aos ingleses polo que o escenario da guerra desprazouse ó norte. Estas xuntas estaban formadas por membros da nobreza e do clero, pero tamén había representantes do Antigo Réximen e profesionais liberais. En 1808 formouse a denominada Xunta central que tempo despois darían lugar ás Cortes de Cádiz. Estas Cortes estaban formadas por absolutistas, ilustrados e liberales partidarios de recoller as novedades da Revolución Francesa. A posición liberal sería a maioritaria polo que a labor lexislativa das Cortes establece a soberanía nacional, a igualdade ante a lei e outros aspectos como a liberdade de impronta, a abolición da tortura, desamortización dos bens do clero, etc. En 1809, Napoleón tería o control de casi toda España a excepción de Alicante e Cádiz, pero en 1812 a movilización da campaña rusa, obrigou a Bonaparte a retirar tropas de España, feito que sería aproveitado polos angloespañois. Neste mesmo ano elabórase a Constitución de 1812, máis coñecida como "La Pepa". Esta constitución recolle as tradicións hispánicas co novo espíritu revolucionario da Francia de 1789. Os seus principios son a soberanía nacional, o recoñecemento de dereitos e libertades individuales así como a igualdade ante a lei, o sufraxo universal masculino ainda que era necesario poseer rentas propias, a creación da Milicia nacional para defender a orde constitucional, a liberdade económica, haberá unha división de poderes (o lexislativo para as Cortes e o executivo para o rey), a relixión católica será a única da nación e proclamarase unha monarquía moderada. Tras a derrota dos franceses ante o exército inglés dirixido polo Duque de Wellington, éstos abandoan Madrid para dirixirse a Valencia. 

Finalmente, os franceses son derrotados en Vitoria en xuño de 1813 polo que tanto as tropas francesas como José Bonaparte cruzan os Pirineos de volta a Francia. Napoleón firma con Fernando VII o Tratado de Valençay polo que que éste recupera o trono e da comezo á restauración do absolutismo en 1814, feito que impide a aplicación da Constitución de 1812 que apenas puido ser aplicada debido ó estado da guerra. Así, ponse fin ás hostilidades con Francia e dase por rematada a Guerra de Independencia.