Este texto xurídico escrito o 2 de maio de 1808 en Madrid baixo a firma do Xeneral Murat, tivo a intención de comunicar aos soldados os acontecementos que estaban a ocorrer e as medidas que se adoptarían próximamente.
En plena invasión francesa despois da Guerra de Sucesión, foron impostas unha serie de leis polos altos mandos do goberno que ofrecían unha extrema protección aos cidadáns franceses, sendo asasinados todos aqueles que supoxesen unha ameaza ou que atentasen contra algún deles.
Como consecuencia disto, produciuse un gran número de asasinatos e abusos por parte dos franceses que provocou a furia do pobo español. Isto fixo que os altos dirixentes do bando español aprobasen que os cidadáns puidesen utilizar armas para defenderen a súa patria e aos seus compatriotas. Así pois deu comezo á que denominamos Guerra da Independencia Española, que estivo comprendida entre os anos 1808-1814 e que tivo como vencedores aos independentistas.
Co final da guerra chegou a expulsión dos afrancesados do país, Napoleón retirou as súas tropas e España quedou nunha situación moi perxudical que tería máis tarde outras consecuencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario